Envíos
CONDICIONS DE VENDA TODOLAR
Datos da sociedade
TodoLar - re100galicia, s.l. é unha sociedade limitada de nacionalidade española con domicilio en RUA DOMINGO BOSQUE -15100 CARBALLO (A Coruña) e que é a que fai as vendas dos seus produtos individualmente tanto nos seus locais comerciais como, on-line a través de Internet. As condicións xerais de contratación de TodoLar para as vendas de Internet, son as que se especifican a continuación, e aplícanse a calquera compra realizada, durante o prazo en que estas condicións aparezan publicadas na páxina web de TodoLar. TodoLar resérvase o dereito de modificar a oferta contractual, constituída polas presentes condicións xerais e a lista de produtos e prezos, en calquera momento, se ben as devanditas modificacións non se aplicarán ás contratacións xa realizadas.
Compra mínima
A compra mínima será de 6 € Iva Incluido, non incluíndo os portes.
Sistema de venda
Para realizar unha compra, o usuario deberá formular un pedido relacionando todos os artigos que desexe adquirir, e enviar por vía telemática ou calquera outro sistema que crea conveniente o formulario de pedido, unha vez se lean e se aceptase as presentes condicións xerais. A devandita contratación entenderase realizada no domicilio de TodoLar.
Impostos
Os prezos dos produtos expostos na páxina web http://www.todolar.eurowintuecommerce.com/ inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) que, se é o caso, sexa procedente aplicar. As compras que realicen persoas físicas domiciliadas nos Estados membros da Unión Europea, estarán suxeitas ao IVE. As compras que realicen os suxeitos pasivos do IVE establecidos nos Estados Membros da Unión Europea, estarán exentas do citado imposto sempre e cando envíen unha copia do seu número de IVE/NIF con carácter previo. As compras que realicen persoas físicas ou xurídicas residentes en Estados non membros da Unión Europea, Canarias ou Ceuta e Melilla estarán exentas do IVE.
Gastos de envío
Os envíos realizaranse a través de compañías de transporte e sistema que o comprador elixa, dos dispoñibles na web. Os gastos de envío e embalaxe serán os que se estipule o programa da web en cada venda, para os envíos a toda España. Para envíos a Canarias, Baleares, Comunidade Europea e estranxeiro consultar. Os gastos de envio poden variar, segun tamaño e peso do produto, informando sempre o cliente antes de formalizar o seu pedido.
Dispoñemos de 3 rangos de Envio, Carballo (zona urbana) dende 1,95 €, Galicia dende 4,95 €, Nacional dende 8,95 €. Sempre se informará o cliente do importe exacto destes gastos antes de formalizar o pedido.
Para as "Recollidas en tenda" abondará con dicirnos o seu nome e número de pedido. Este metodo NON TEN GASTOS DE ENVIO.
Forma de pagamento
Ao formular o pedido, o cliente pode elixir libremente aboar as compras que realice cos métodos que a WEB estipule. As formas de pagamento serán Ingreso ou transferencia en conta ou Contrarreembolso cun cargo adicional do 3,5% do valor do produto e se é recollida en tenda pagarase na tenda que vostede elixa unha vez pase a recollelo.
Obrigas do vendedor
Os pedidos serán enviados a través da compañía de transporte elixida polo cliente e chegarán ao domicilio sinalado polo cliente nun prazo máximo legal de 30 días. O prazo máximo de envio non adoita exceder de 7 días, aínda que se temos stock dispoñible en almacén será 24/48 horas.
Unha vez que o cliente remita a TodoLar. a solicitude que conteña o seu pedido, contestáseselle por correo electrónico a recepción do pedido e posteriormente confirmaráselle o envío relativo á contratación efectuada.
Dereitos do comprador
O cliente dispoñerá dun prazo de sete días hábiles, segundo o calendario oficial do seu lugar de residencia habitual, para resolver o contrato sen incorrer en penalización nin gasto ningún. Non se devolverán os gastos do envío inicial. O devandito prazo computarase a partir da recepción do pedido por parte do cliente. O cliente comunicará o subministrador dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercitar o dereito de resolución do contrato.
Lexislación e resolución de conflitos
a) As compravendas realizadas por TodoLar. sométense á lexislación española.
b) En caso de calquera conflito ou discrepancia o foro aplicable será o de maior proximidade á sede social de TodoLar.















DESCARGATE LOS CATALOGOS DE DISFRACES:DISFRACES HOMBRE: